10:15 - 11:30
Nesta mesa redonda abordarase o reto de como combinar os datos que poden axudar a deseñar mellores políticas sen crebar a legalidade do RGPD, a aproveitar ese potencial sen poñer en risco a privacidade e a descubrir como poden os avances en aprendizaxe federada formar parte da solución
15:10 - 17:40
SSH (Secure Shell) é o estándar de facto para a administración remota de equipos Linux. Neste caso, como se xestiona a identidade?
No obradoiro abordarase, desde un punto de vista defensivo e ofensivo, a xestión da identidade en SSH
Todo o día
Diversas entidades patrocinadoras do evento levarán a cabo exposicións sobre produtos, servizos e solucións innovadoras relacionadas con temáticas de relevancia e actualidade no campo da ciberseguridade.
10:00 - 12:00
O obradoiro consistirá no estudo da extracción e análise de evidencias en dispositivos industriais
10:00 - 14:20
Horario de mañá | Actividades destinadas ao tecido empresarial
Modalidade presencial e en liña (necesaria inscrición para ambas as modalidades)
Prazas limitadas. A inscrición ao evento é gratuíta
12:00 - 19:00
O día 6 de novembro, no marco do V Encontro CIBER.gal, poderase visitar o demostrador "Seguridade cuántica para redes tácticas: proba de concepto" na Sala 1 do Edificio Fontán da Cidade da Cultura, en horario de 12h a 19h de forma continuada.
12:25 - 14:25
Neste obradoiro utilizaranse técnicas e ferramentas de Análise Forense de Dispositivos Móbiles para resolver un caso ficticio de recualificación ilegal de terreos e suborno entre empresarios e políticos
13:35 - 14:15
Presentación do proxecto de implantación dos laboratorios e centros demostradores de ciberseguridade en produtos con elementos dixitais e ciberseguridade industrial
10:00 - 14:00
Espazos destinados á breve exposición de proxectos, ideas, traballos e iniciativas en ciberseguridade.
10:00 - 14:15
10:00 - 14:15 Cidade da Cultura de Galicia (Edificio Fontán), Santiago de Compostela
Horario de mañá | Actividades destinadas á cidadanía
Presencial e en liña (necesaria inscrición para ambas as modalidades)