Novas

Spotify confirmou a desactivación de múltiples contas de usuario tras detectar unha extracción masiva e ilícita de contidos da súa plataforma, na que se terían recompilado máis de 86 millóns de cancións.

Persoal investigador en ciberseguridade identificou unha nova campaña de malware denominada GhostPoster, que conseguiu comprometer aproximadamente 50.000 persoas usuarias do navegador Mozilla Firefox empregando técnicas avanzadas de esteganografía e ofuscación, ocultando código malicioso dentro de imaxes PNG utilizadas como iconas de extensións aparentemente lexítimas.

A plataforma de distribución musical SoundCloud confirmou recentemente un incidente de seguridade que resultou no acceso non autorizado a datos de contas de usuarios. Segundo a información facilitada, os atacantes lograron exfiltrar enderezos de correo electrónico e información de perfil público correspondente aproximadamente ao 20 % da base total de usuarios.

O Igape mobilizará ata 1,5 millóns de euros para proxectos de preparación fronte ás ciberameazas nas empresas galegas.

No Telexornal Serán da TVG (30/11/2025), se abordou a situación actual da ciberseguridade en España e Galicia, destacando o incremento dos ciberataques e o impacto nos operadores esenciais. A idea central: a ciberseguridade é máis crítica ca nunca.

A compañía aérea Iberia confirmou unha brecha de seguridade derivada dun incidente nun dos seus provedores tecnolóxicos, que permitiu un acceso non autorizado a información relacionada con clientes e sistemas internos.

As institucións europeas deron un paso adiante na revisión do marco regulador da Intelixencia Artificial, introducindo axustes e certas flexibilizacións nos requisitos aplicables aos sistemas cualificados como de “alto risco”. Esta actualización responde ás demandas do sector tecnolóxico e á necesidade de equilibrar innovación, competitividade e seguridade no contexto dixital europeo.

Un equipo de investigadores da Universität Wien (Austria) descubriu unha vulnerabilidade grave en WhatsApp que permitiu extraer os números de teléfono duns 3 500 millóns de usuarios en todo o mundo.

Unha interrupción xeneralizada en Cloudflare, un dos principais provedores de infraestrutura de Internet a nivel mundial, provocou o 18 de novembro de 2025 fallos intermitentes e erros 500 en múltiples plataformas e servizos de alto perfil