A Lei de Ciberresiliencia (CRA) mellora as normas de ciberseguridade dos produtos que conteñen un compoñente dixital, esixindo a fabricantes e minoristas que garantan a ciberseguridade durante todo o ciclo de vida dos seus produtos, de cara a protexer a particulares e empresas que os merquen e utilicen. Así, trata de determinar que produtos son ciberseguros e como configuralos de forma segura.
Dende o 24 de febreiro ata o 9 de marzo estará aberto o prazo de inscrición para o curso gratuíto Hacker tools, Techniques and Incident Handling. O curso capacita para investigar incidentes de ciberseguridade, desenvolver intelixencia sobre ameazas e crear estratexias de defensa eficaces en entornos na nube e locais.