A sexta edición do Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal celebrarase os días 4, 5 e 6 de novembro.
Proximamente máis información sobre inscricións e programa do VI Encontro CIBER.gal
Ao longo dos tres días de evento habilitaranse espazos para o coworking e salas de reunións para fomentar o encontro entre estudantes, profesionais e empresas asistentes.
Ademais, este ano o VI Encontro CIBER.gal contou cunha xornada previa o día 09 de xuño no Parque Tecnolóxico de Galicia, Tecnópole, en San Cibrao das Viñas (Ourense): Ciberseguridade aplicada: Protexendo as empresas galegas nun mundo dixital.