Novas

O obxectivo desta formación é sensibilizar sobre aspectos chave no uso seguro da tecnoloxía como a protección de credenciais ou a seguridade nos dispositivos.

O Nodo CIBER.gal reuniu en Ourense a preto de 200 asistentes neste evento, que reflexiona sobre o presente e o futuro da ciberseguridade en Galicia.

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) abre o prazo de inscrición para 2 novos cursos de ciberseguridade destinados a profesionais do sector da seguridade da información.

ENISA, a Axencia Europea de Seguridade da Información en Redes, volve sinalar á enxeñaría social como ameaza prioritaria.

A Cátedra R en Ciberseguridade, creada en decembro de 2018 en colaboración coas Universidades de Vigo e da Coruña, organiza un ano máis os premios aos mellores traballos académicos e de investigación no ámbito da ciberseguridade.

O Centro Criptológico Nacional (CCN) publicou en Ángeles, o seu portal de formación, capacitación e talento, un novo curso sobre Ciberinteligencia e fontes abertas. Cunha duración de 15 horas, esta formación en liña está dividida en diferentes módulos: introdución á ciberinteligencia, os seus ciclos e fases; as técnicas OSINT (Open source Intelligence); a seguridade operacional (OPSEC); a enxeñería Social; ou os metadatos.

Por primeira vez en Galicia, ofrécese a través do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) e de forma totalmente gratuíta o curso Advanced Incident Response, Threat Hunting, and Digital Forensics, que inclúe a certificación GIAC Certified Forensic Analyst (GCFA) dunha as entidades máis recoñecidas a nivel mundial, o SANS Institute - GIAC Certifications.

As video-pílulas divulgativas sobre ciberseguridade con contidos axeitados para o público xove están xa dispoñibles no portal do espazo Abalar.

O obxectivo do concurso é concienciar aos escolares sobre os riscos aos que se enfrontan cando empregan as tecnoloxías dixitais á vez que poden aprender sobre boas prácticas en ciberseguridade no seu día a día dunha maneira amena e divertido acorde á súa idade.

Se tes en mente (ou coñeces a alguén que teña en mente) desenvolver unha carreira no eido da ciberseguridade, ata o 20 de setembro estás a tempo de inscribirte nalgún dos Cursos de Especialización que se ofertan en Galicia.