
As video-pílulas divulgativas sobre ciberseguridade con contidos axeitados para o público xove están xa dispoñibles no portal do espazo Abalar.
A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa de Galicia convoca o programa "Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais" para o curso 2024/25.
O obxectivo do concurso é concienciar aos escolares sobre os riscos aos que se enfrontan cando empregan as tecnoloxías dixitais á vez que poden aprender sobre boas prácticas en ciberseguridade no seu día a día dunha maneira amena e divertido acorde á súa idade.
A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa convoca aos centros educativos de Galicia a participar neste evento para o curso 2024/25.
Descubre os Cursos de Especialización en Ciberseguridade que oferta o sistema de Formación Profesional de Galicia.
O día 26 de xuño presentouse oficialmente en Ourense o reforzo da oferta educativa para a Formación Profesional no eido da ciberseguridade, mediante o incremento de prazas e alcance xeográfico dos cursos de especialización 'Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información' e 'Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías de operación'.
O Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación, atlanTTic, da Universidade de Vigo, entidade adherida ao Nodo CIBER.gal, organiza o 14 de maio ás 12:00h a terceira xornada do ciclo “Conectando en igualdade: a transformación do futuro tecnolóxico” no Salón de Graos da Escola de Enxeñería de Telecomunicación da Universidade de Vigo.
O Parlamento Europeo vén de aprobar a Lei de Ciberseguridade que reforzará a capacidade da Unión Europea para detectar, prepararse e responder as ameazas e incidentes de ciberseguridade.
O Centro Criptolóxico Nacional (CCN), socio fundador do Nodo CIBER.gal, creou unha nova plataforma interactiva “ENS Challenge” para a formación en base ao Esquema Nacional de Seguridade.
O Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE), fundador do Nodo CIBER.gal e en colaboración co Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado (INTEF) e a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD), abriu a inscrición para o curso en liña "Promovendo a ciberseguridade e privacidade desde a coordinación TIC".