Esta nova UMI estará enfocada á innovación en xestión da identidade e ciberseguridade, cun orzamento de 2M€ para os proximos catro anos. A Xunta de Galicia achegará, a través da Axencia Galega de Innovación, máis de 700.000 euros, o 40% do orzamento total.
Xa se poden consultar os centros que van participar neste programa, que ten como obxectivo difundir cultura de ciberseguridade entre o alumnado.
É unha iniciativa coordinada pola Axencia da Unión Europea para a Ciberseguridade (ENISA) e apoiada pola Comisión Europea, a través da cal os Estados membros organizan eventos de concienciación durante todo outubro.
O CPEIG e a Xunta de Galicia asinaron un convenio de colaboración para desenvolver este programa, dentro do cal se realizarán 240 xornadas divulgativas en centros escolares para o alumnado, profesorado e familias.
Estas sesións, denominadas ‘Ciberseguranza Kids’ e impartidas a modo de contacontos, desenvolveranse en outubro no marco do programa ‘Tech Kids’, cunha xornada de peche no Gaiás Tech da Cidade da Cultura o día 26.
Nos vindeiros días dará comezo o prazo de presentación de solicitudes para participar na “V Ciberliga 2023 modalidade preameateur” que se desenvolverá no primeiro trimestre do curso 2023-24 e que se dirixe ao alumnado do cuarto curso de educación secundaria obrigatoria dos centros educativos galegos.
A Amtega pon en marcha a terceira edición desta iniciativa para achegar os conceptos básicos da ciberseguridade a rapazas e rapaces que cursan 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de Secundaria.
Por segundo ano consecutivo volve aos centros educativos o taller sobre xestión segura de redes sociais, que instrúe aos menores nas mellores prácticas nesta contorna.
O propósito do evento é o fomento da presencia de talento feminino para contribuir a reducir a brecha de xénero no eido da ciberseguridade.
Conta coa colaboración da Amtega, e busca proporcionar coñecementos na materia tanto a nivel técnico-xurídico como práctico.