
O Ministerio de Facenda descartou a existencia dun ciberataque ou dunha filtración masiva de datos tras realizar verificacións internas exhaustivas nos seus sistemas
Nos últimos días difundíronse en redes sociais e foros especializados en ciberseguridade informacións sobre unha suposta brecha de datos que podería afectar a sistemas do Ministerio de Facenda e comprometer información persoal de millóns de contribuíntes.
O Parque Tecnolóxico de Galicia, Tecnópole, pon en marcha unha nova edición de Galiciencia, consolidada desde o 2006 como a feira científica de referencia
Investigadores en ciberseguridade deron a coñecer unha campaña activa de distribución de malware que utiliza aplicacións falsas de conversión de ficheiros como principal vector de infección, aproveitando anuncios patrocinados en buscadores e sitios web aparentemente lexítimos.
As compañías enerxéticas Endesa e a súa filial Enerxía XXI comunicaron recentemente un incidente de ciberseguridade que provocou o acceso non autorizado a datos persoais de clientes. O incidente foi detectado a comezos de xaneiro de 2026 e notificouse conforme aos procedementos establecidos pola normativa vixente en materia de protección de datos persoais.
PuntoGal, entidade adherida ao Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal, realiza o lanzamento dun novo espazo web orientado a mellorar a ciberseguridade da cidadanía. A iniciativa desenvólvese en colaboración coa Global Cyber Alliance e alíñase cos obxectivos de CIBER.gal de sensibilización, prevención e capacitación da sociedade galega fronte aos riscos dixitais.
No mes de febreiro darán inicio seis novas formacións gratuítas de ciberseguridade, e de seguido se achega a información xeral de cada unha delas.
O informe de resultados da Enquisa sobre ciberseguridade nas empresas galegas 2025 analiza o estado da seguridade dixital no tecido empresarial de Galicia.
Spotify confirmou a desactivación de múltiples contas de usuario tras detectar unha extracción masiva e ilícita de contidos da súa plataforma, na que se terían recompilado máis de 86 millóns de cancións.
No Bos Días da TVG (19/12/2025), Inés Amor, Policía Nacional, advertiu que nas semanas do Nadal medran as compras en liña e, ao mesmo tempo, as estafas. A idea central da súa intervención é a chamada á prudencia fronte a webs clonadas e ofertas demasiado agresivas, así como os avisos falsos de paquetería que buscan capturar datos.