Moito ollo se recibes un correo electrónico da Policía, podería ser fraudulento. Así o relata Inés Amor, voceira da Policía Nacional en Galicia, alertando de que os cibercalotes empregan a imaxe da Policía Nacional para distribuir malware mediante correo electrónico.
Nos vindeiros días dará comezo o prazo de presentación de solicitudes para participar na “V Ciberliga 2023 modalidade preameateur” que se desenvolverá no primeiro trimestre do curso 2023-24 e que se dirixe ao alumnado do cuarto curso de educación secundaria obrigatoria dos centros educativos galegos.
Un total de 70 persoas empregadas públicas participan dende hoxe na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) no Curso superior en Protección de Datos, organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Nodo CIBER.gal. O curso conta coa colaboración da Axencia Española de Protección de Datos (AEPD).
Jesús Oitavén, director xeral de Simplificación Administrativa da Consellería de Facenda; María José García Sexto, directora da área de Administración Dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega); Joaquín Seijas, senior manager de Indra; e Santiago Pérez, xefe do servizo de Informática do Concello de Pontevedra, expoñen as súas perspectivas sobre os retos asociados á adaptación das estruturas das distintas administracións ás necesidades da Sociedade da Información.
A Amtega pon en marcha a terceira edición desta iniciativa para achegar os conceptos básicos da ciberseguridade a rapazas e rapaces que cursan 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de Secundaria.
Por segundo ano consecutivo volve aos centros educativos o taller sobre xestión segura de redes sociais, que instrúe aos menores nas mellores prácticas nesta contorna.
A acción formativa forma parte dos servizos que a Amtega presta ás Administracións Públicas a través do I Acordo Marco de servizos de seguridade da información, ciberseguridade e protección de datos persoais.
Precaución ante chamadas de números descoñecidos: poderían estar a gravar a súa voz para utilizala con propósitos maliciosos se contesta afirmativamente.