Dentro do III Encontro CIBER.gal, celébrase unha xornada formativa en ciberseguridade co obxectivo de achegar a seguridade e a tecnoloxía ao público senior, axudándolle a ter máis autonomía nunha contorna cibersegura.
MITRE Caldera é unha plataforma de código aberto deseñada para emular adversarios e automatizar ataques e probas de seguridade. Neste taller exploraremos, mediante exercicios prácticos, como utilizar esta ferramenta para replicar diversas técnicas, tácticas e procedementos (TTPs) empregados polos ciberdelincuentes. O obxectivo é comprender o potencial da ferramenta para executar escenarios de ataque simulados, realizar probas de seguridade, identificar vulnerabilidades e avaliar as medidas de fortificación e monitorización implementadas nos nosos sistemas.
A actividade proposta é unha competición de tipo Jeopardy, unha modalidade de CTF na que os participantes enfrontan unha serie de retos clasificados en diferentes categorías e niveis de dificultade. En lugar dun escenario baseado na simulación dunha contorna real onde os participantes deben penetrar sistemas (como nos CTF estilo "ataque e defensa"), o formato Jeopardy presenta desafíos en forma de preguntas ou tarefas que os competidores deben resolver para obter puntos. Cada desafío superado outorga unha "bandeira" (flag), que se troca por puntos, e o obxectivo é acumular a maior cantidade de puntos posibles durante o tempo da competición.
No obradoiro revisaranse as técnicas de elevación de privilexios e persistencia en sistemas Linux recollidas na matriz MITRE ATT&CK. Tomando como punto de partida un equipo Linux, aplicaranse métodos de enumeración para atopar diversas vías de elevación de privilexios; para posteriormente explotalas, e pasar de ser un usuario non privilexiado a ser root no sistema.
O obradoiro consiste na instalación e configuración de Snort sobre raspberry pi para a detección de intrusións en redes industriais, partindo dunha pequena rede industrial composta por un swtich SCALANCE XC2008 de Siemens, un PLC S7-1200 e unha raspberry pi que se conectará a un porto de switch configurado en espello.
Estas sesións, denominadas ‘Ciberseguranza Kids’ e impartidas a modo de contacontos, desenvolveranse en outubro no marco do programa ‘Tech Kids’, cunha xornada de peche no Gaiás Tech da Cidade da Cultura o día 26.