A persoa delegada de protección de datos é unha figura de existencia obrigatoria en determinados responsables do tratamento*, que recollen tanto o Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD) como a propia Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD).
Nas últimas semanas entrou en vigor unha nova regulación que implica un cambio respecto do disposto na derrogada Lei 9/2014, do 9 de maio, Xeral de Telecomunicacións en cuxo articulado se recoñecía ás persoas usuarias o dereito “a opoñerse a recibir chamadas non desexadas con fins de comunicación comercial que se efectúen mediante sistemas distintos dos establecidos na letra anterior [chamadas automáticas sen intervención humana] e a ser informado deste dereito”.