A finalidade do curso é dar ás familias e educadores as claves para acompañar aos menores mentres obteñen competencias dixitais básicas para o seu desenvolvemento en contornas dixitais, facendo un uso responsable e seguro da internet.
Mentres tanto recoméndase extremar as precaucións porque se detectaron aplicacións fraudulentas de Intelixencia Artificial que buscan estafar aos usuarios.
A compañía tería transferido datos de cidadáns da UE usuarios da plataforma aos Estados Unidos sen garantía suficiente para os dereitos dos interesados.
O nodo ciber.gal organiza para o vindeiro 13 de xuño na Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense unha xornada sobre actualidade e tendencias en ciberseguridade.
Veñen de facerse públicas nove vulnerabilidades, catro delas críticas, que afectan a distintos modelos de switches de Cisco. Trátase de posibles desbordamentos de buffer que permitirían ataques remotos de denegación de servizo ou mesmo execución de código arbitrario nos dispositivos.