No marco das accións da colaboración entre a CRTVG e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, realízanse unha serie de entrevistas con expertos na materia sobre la temática de ciberseguridade en distintos programas da TVG.
As xornadas, organizadas polo Nodo CIBER.gal, reúnen a profesionais e entidades de referencia que ofrecerán relatorios destinados ao tecido empresarial, á cidadanía e ás Administracións Públicas.
A 2ª edición do Encontro CIBER.gal celebrarase os días 9 e 10 de novembro de 2022 en Santiago de Compostela, na Cidade da Cultura de Galicia, e contará cun programa de actividades integrador con iniciativas novedosas, disruptivas e de interese para toda a sociedade, tecido empresarial e Administración Pública.
Ven de detectarse unha vulnerabilidade grave nun plugin moi utilizado no servizo WordPress (Advanced Custom Fields e Advanced Custom Fields Pro) que permitiría ataques de Cros Site Scripting (XSS).
A pesar de que as condicións de explotación da vulnerabilidade non permiten que o ataque poida ser iniciado por calquera que acceda ao sitio web sen iniciar sesión cos privilexios adecuados, en previsión doutras posibilidades recoméndase a actualización, que xa está disponible, de maneira inmediata.
Grazas a un acordo asinado entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o CCI, as entidades adheridas ao Nodo Galego de Ciberseguridade poderán empregar esta plataforma en ata tres proxectos de xeito gratuíto.