Páxinas informativas
Os cursos de especialización, coñecidos como mestrados da FP, nacen co obxectivo de acreditar coñecementos e competencias en especialidades concretas dun área formativa da FP. Este “mestrado da FP” , define e pon en práctica estratexias de seguridade nos sistemas de información, mediante a realización de diagnósticos de ciberseguridade e a identificación de vulnerabilidades, así como a execución de medidas necesarias para arranxalas, aplicando a normativa e os estándares do sector, consonte protocolos de calidade, de prevención de riscos laborais e de respecto ambiental.