No marco do II Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal, o día 10 de novembro de 2022 ás 11.15h, Telefónica patrocina a actividade "Conecta Senior" creada para concienciar aos nosos maiores na importancia dunha conexión a internet cibersegura, co obxecto de que ninguén corra riscos co uso da tecnoloxía.
No marco do II Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal, o día 9 de novembro de 2022 ás 16.00h, a Cátedra R en Ciberseguridade organiza un obradoiro de análise forense de imaxes dirixido a estudantes de FP de Grao Superior, de Cursos de Especialización e de graos e mestrados universitarios en estudos afíns ás tecnoloxías da información e as comunicacións.
O encontro galego de ciberseguridade Ciber.gal celebrouse os días 09 e 10 de novembro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Foi organizado polo nodo galego de ciberseguridade Ciber.gal e, como evento integrador, aglutinou entidades de referencia no campo da seguridade da información.
No marco do II Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal, o día 9 de novembro de 2022 ás 16.00h, Gradiant, en colaboración coa Cátedra R en Ciberseguridade, organiza un concurso individual "Capture de Flag" que contará con varios retos de ciberseguridade e ira destinado a persoas maiores de 18 anos.
No marco do II Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal, o día 8 de novembro de 2022 ás 18.00h, grazas á colaboración da Deputación de Ourense, organízase un concurso "Escape Room" virtual de ciberseguridade co obxectivo de formar no bo uso e correcta xestión dos datos, xerando unha cultura de privacidade no participante.
Actividade enmarcada no contexto do grupo de traballo de empresas do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, grazas á colaboración de Nova Pescanova, entidade adherida a CIBER.gal, e a Amtega, entidade propulsora e unha das fundadoras de CIBER.gal.
Actividade enmarcada no contexto do grupo de traballo de empresas do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, grazas ao apoio institucional do Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) e á Deputación de Ourense, entidades fundadoras de CIBER.gal.
Actividade enmarcada no contexto do grupo de traballo de empresas do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, grazas a colaboración de NTT DATA, entidade adherida a CIBER.gal, e a Deputación da Coruña, entidade fundadora de CIBER.gal.