Máis de 6000 escolares participaron no III Concurso Ciberseguridade no cole!, que celebra a súa final no encontro CIBER.gal

Imaxe

A terceira edición do Concurso Ciberseguridade no cole! acadou un récord de participación con máis de 6.000 escolares de 120 educativos rexistrados. O certame, unha das actividades do Encontro CIBER.gal, vén de celebrar a semifinal en liña, na que se clasificaron coma finalistas os seis centros que participarán na final presencial, que se celebrará o vindeiro 3 de novembro na Cidade da Cultura e que presentará a comunicadora galega Esther Estévez. Á final, ademais dos participantes e finalistas poden asistir as persoas que o desexen previa solicitude a través do mail edg2030.ciberseguridade [at] xunta.gal (edg2030[dot]ciberseguridade[at]xunta[dot]gal).

O concurso, promovido por Telefónica no marco do III Encontro CIBER.gal, está dirixido a escolares de 10 a 14 anos co obxectivo de conciencialos sobre os riscos aos que se enfrontan no uso das tecnoloxías dixitais, ademáis de ensinarlles boas prácticas en ciberseguridade dun xeito ameno.

Tras a final, os asistentes poderán asistir á obra de teatro Amanda_T, que abordará as malas prácticas nas redes sociais e as consecuencias reais que poden ter. A continuación, terá lugar unha actividade organizada polo INCIBE: Sobe de nivel en ciberseguridade!, na que se amosarán pautas sinxelas sobre a ciberseguridade no uso diario de dispositivos e plataformas online. Nesta actividade poderán participar todos os asistentes presenciais en vivo e en directo, pois tratará de involucrar á totalidade do público alí presente.

Ademáis, na terceira edición de CIBER.gal que se celebra os vindeiros días 2 e 3 de novembro contará coa participación de expertos de referencia no eido da ciberseguridade como o hacker Chema Alonso; o responsable de Ciberseguridade e DPO de Renfe, Francisco Lázaro; o CISO de Iberia, Jesús Mérida; o Security Account Executive de Microsoft, Pablo Chapinal; e o director Office of the CISO en Google, Jorge Blanco. Tamén intervirán diferentes responsables de entidades públicas como Javier Candau, xefe do Departamento de Ciberseguridade do Centro Criptolóxico Nacional e Javier Diéguez, director da Cyberzaintza (a nova Axencia Vasca de Ciberseguridade). Ademais, desde unha perspectiva máis social a comunicadora galega, Esther Estévez, coñecida pola súa labor á fronte do espazo divulgativo Dígocho Eu, falará dos riscos das ciberameazas nas redes sociais. 

Así mesmo, O III Encontro CIBER.gal ofrecerá outras actividades complementarias como o concurso Capture the Flag —que terá lugar na xornada do 2 de novembro pola tarde, con sorteos entre os participantes e premios para os clasificados— e catro talleres prácticos de especial interese para perfís tecnolóxicos: Instalación e configuración de Snort sobre raspberry pi para a detección de intrusións en redes industriais, Escalada de privilexios e persistencia en sistemas Linux, Automatización de ataques e emulación de adversarios con MITRE Caldera e Adquisición de evidencias para análise informática forense. As actividades adicionais contan con prazas moi limitadas, entre 24 e 30 participantes como máximo.

Os interesados en participar poderán inscribirse ata o día 1 de novembro a través deste enlace https://inscricioncibergal.ciberseguridadegalicia.gal/gl, tendo en conta que a asistencia presencial está limitada ao aforo do espazo.

Información relacionada