Novas

O Boletín Oficial del Estado publicou o Real Decreto 723/2026, do 9 de setembro, polo que se traspón parcialmente ao ordenamento español a Directiva (UE) 2019/1152 relativa a unhas condicións laborais transparentes e previsibles

A Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) informou de que recibiu a primeira notificación dunha brecha de datos persoais na que o incidente tería sido executado mediante un axente de intelixencia artificial que utilizou un coñecido modelo de linguaxe.

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional abriu unha nova convocatoria do programa educativo Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais.

A Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) participará na vixésima edición das Xornadas STIC, que se celebrarán do 24 ao 27 de novembro de 2026 en Kinépolis Ciudad de la Imagen, en Madrid.

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) abre o período de inscrición para catro novos cursos gratuítos de Formación Profesional de Grao C no ámbito da informática. Estas formacións están orientadas a persoas que buscan adquirir ou acreditar competencias profesionais en programación, desenvolvemento de aplicacións web, xestión de sistemas e operación de sistemas informáticos

No programa de hoxe de Lambóns Dixitais, Javier Mosquera volveu achegarnos a clave de actualidade no seu espazo de ciberseguridade. Con motivo da febre polo vindeiro eclipse solar, Mosquera advertiu dos perigos dixitais que medran á sombra deste tipo de eventos masivos, onde os ciberdelincuentes aproveitan calquera descoido para facer o seu propio "agosto".

Na entrevista realizada hoxe a Inés Amor, abordouse a evolución das estafas a través de WhatsApp e doutras canles dixitais, unha modalidade de fraude que continúa tendo unha importante incidencia e que se apoia, en boa medida, en xerar unha sensación de urxencia na vítima

Na entrevista realizada hoxe a Fernando Suárez, presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), puxouse de manifesto a preocupante evolución do cibercrime, unha ameaza que deixou atrás a figura do atacante individual para converterse nunha auténtica industria global altamente organizada

O vindeiro 30 de xuño terá lugar a xornada de inauguración do Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade da Xunta de Galicia, unha iniciativa orientada a reforzar as capacidades de Galicia en materia de ciberseguridade aplicada a produtos con elementos dixitais, ciberseguridade industrial e contornas OT

A Axencia Española de Protección de Datos (AEPD), co apoio da Plataforma de Maiores e Pensionistas (PMP), publicou unhas novas orientacións sobre a instalación e o uso de videocámaras no fogar de persoas maiores. O obxectivo é ofrecer criterios prácticos que permitan compatibilizar a atención e a seguridade das persoas en situación de dependencia co respecto á súa privacidade e aos seus dereitos fundamentais.