Novas

O termo, que xurdiu no marco da colaboración entre a Amtega e a TVG, recibe o seu espazo de honra como ‘palabra do ano’ de 2023.

As ciberestafas son cada vez máis comúns e calquera pode ser vítima. O avogado Luis Pena, recomenda que se debe actuar nos medios dixitais da mesma forma que o fariamos en persoa, e por tanto desconfiar sempre que se solicite pagos e de maneira apresurada e actuar con sentido común.

A voceira da Policía Nacional, Inés Amor, explica que a Lista Robinson é unha ferramenta da Axencia Española de Protección de Datos para evitar ou limitar recibir publicidade mediante SMS, chamadas e/o correos electrónicos.

A Amtega oferta cursos de balde para as persoas interesadas en aprender a utilizar a tecnoloxía no seu día a día de xeito máis seguro.

Un 53,3% da poboación de Galicia sufriu algún incidente de ciberseguridade no último ano, segundo os datos recollidos no informe anual “O estado da ciberseguridade en Galicia” do Observatorio da Sociedade da Información e Modernización de Galicia (OSIMGA).

Trátase dun curso en liña de 375 horas de duración, dirixido a persoas interesadas en formar e concienciar en materia de ciberseguridade.

PuntoGal, entidade adherida ao Nodo CIBER.gal organiza, conxuntamente co Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Global Cyber Alliance (GCA), o webinar “Cara a un novo xeito de falar de ciberseguridade: nomes, números e rutas”, que ademais conta co apoio do Nodo CIBER.gal e o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia.

O Centro Criptológico Nacional (CCN), unha das entidades fundadoras do Nodo CIBER.gal, vén de lanzar unha nova ferramenta educativa a través do seu portal de formación “Ángeles”. Denominada "Ciber-Cluedo", está destinada a combater o phishing, unha das ameazas cibernéticas máis comúns e perigosas na actualidade.

O vindeiro xoves 7 de marzo celebrarase unha Xornada sobre a Directiva NIS2 “Ciberseguridade Industrial, implicacións para OEMs e clientes finais” na Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo no seu Campus de As Lagoas-Marcosende (Vigo).

Telefónica, entidade adherida ao Nodo CIBER.gal, lanza unha formación gratuíta en Ciberseguridade a través da súa Fundación Telefónica. A formación consta de 5 cursos destinados a impulsar a empregabilidade a través da capacitación dixital.