En Hora Galega da TVG (03/12/2025), Senén Barro, director de CiTIUS, abordou como a intelixencia artificial facilita clonacións de voz e imaxe e complica distinguir o real do falso. O punto principal da súa intervención é a chamada á prudencia activa: aplicar razoamento crítico e non actuar de inmediato ante mensaxes persuasivas.
No Telexornal Serán da TVG (30/11/2025), se abordou a situación actual da ciberseguridade en España e Galicia, destacando o incremento dos ciberataques e o impacto nos operadores esenciais. A idea central: a ciberseguridade é máis crítica ca nunca.
No programa O Termómetro da TVG (28/11/2025), José Julio Fernández, director do Centro de Estudos de Seguridade da Facultade de Dereito da USC, abordou o impacto da intelixencia artificial no aumento das estafas dixitais.
No programa Bos Días da TVG (26/11/2025), Bernardo Viqueira, director de ciberseguridade na consultora galega Dooing IT, abordou o aumento exponencial das ciberestafas durante o Black Friday e datas similares.
Dende o 19 de novembro ata o 7 de decembro estará aberto o prazo de inscrición para o curso gratuíto Certified Cloud Security Professional (CCSP) - ISC2.
A compañía aérea Iberia confirmou unha brecha de seguridade derivada dun incidente nun dos seus provedores tecnolóxicos, que permitiu un acceso non autorizado a información relacionada con clientes e sistemas internos.
No programa Quen Anda Aí (QAA) da TVG (21/11/2025), Javier Pedreira, coñecido como Wicho e un dos divulgadores tecnolóxicos máis influentes de España, explicou os riscos crecientes asociados ás imaxes e vídeos xerados con intelixencia artificial
As institucións europeas deron un paso adiante na revisión do marco regulador da Intelixencia Artificial, introducindo axustes e certas flexibilizacións nos requisitos aplicables aos sistemas cualificados como de “alto risco”. Esta actualización responde ás demandas do sector tecnolóxico e á necesidade de equilibrar innovación, competitividade e seguridade no contexto dixital europeo.
Un equipo de investigadores da Universität Wien (Austria) descubriu unha vulnerabilidade grave en WhatsApp que permitiu extraer os números de teléfono duns 3 500 millóns de usuarios en todo o mundo.
Unha interrupción xeneralizada en Cloudflare, un dos principais provedores de infraestrutura de Internet a nivel mundial, provocou o 18 de novembro de 2025 fallos intermitentes e erros 500 en múltiples plataformas e servizos de alto perfil