O encontro galego de ciberseguridade CIBER.gal celebrouse os días 09 e 10 de novembro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, nas instalacións do Edificio Fontán.
No marco do II Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal, o día 10 de novembro de 2022 ás 10.00h terá lugar o obradoiro técnico "Wireshark/tshark para análise forense en rede e Threat Hunting" onde se traballarán as diferentes funcionalidades ofertadas por Wireshark para realizar investigacións forenses/threath hunting en rede.
No marco do II Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal, o día 10 de novembro de 2022 ás 12.00h terá lugar o taller técnico "Intrusión nun contorno de Directorio Activo e análise forense do devandito ataque" onde se mostrarán algunhas técnicas de intrusión e elevación de privilexios nun contorno de Directorio Activo, e realizarase unha análise forense dos equipos comprometidos para atopar as evidencias que o ataque deixase.
No marco do II Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal, o día 10 de novembro de 2022 ás 16.00h, celebraranse os Espazos Técnicos de Exposición, que acollerán a estudantes especializados en ciberseguridade, profesionais na materia así como outros relatores vinculados nun mesmo escenario onde serán expostos proxectos, traballos e ideas de ciberseguridade de interese para o tecido empresarial.
O encontro galego de ciberseguridade Ciber.gal celebrouse os días 09 e 10 de novembro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Foi organizado polo nodo galego de ciberseguridade Ciber.gal e, como evento integrador, aglutinou entidades de referencia no campo da seguridade da información.
No marco do II Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal, o día 10 de novembro de 2022 ás 11.15h, Telefónica patrocina a actividade "Conecta Senior" creada para concienciar aos nosos maiores na importancia dunha conexión a internet cibersegura, co obxecto de que ninguén corra riscos co uso da tecnoloxía.
No marco do II Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal, o día 9 de novembro de 2022 ás 16.00h, a Cátedra R en Ciberseguridade organiza un obradoiro de análise forense de imaxes dirixido a estudantes de FP de Grao Superior, de Cursos de Especialización e de graos e mestrados universitarios en estudos afíns ás tecnoloxías da información e as comunicacións.