A cuarta edición do Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal, celebrouse os días 06, 07 e 08 de novembro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, nas instalacións do Edificio Fontán e as inmediacións exteriores, que albergaron actividades dinámicas sobre ciberseguridade para todos os públicos.
Ademais, este ano contou cunha xornada previa o día 3 de outubro no Parque Tecnolóxico de Galicia, Tecnópole, en San Cibrao das Viñas (Ourense).
Imaxe
Vídeo Resumo do IV Encontro CIBER.gal 2024
Vídeos das actividades do IV Encontro CIBER.gal 2024
Cando?
- 06, 07 e 08 de novembro de 2024
Onde?
- 06, 07 e 08 de novembro - Santiago de Compostela
Para quen?
- Profesionais e directivos de entidades públicas locais, autonómicas e nacionais
- Profesionais e directivos de entidades do sector que son provedoras de servizos á administración
- Empresas, profesionais e emprendedores do sector da ciberseguridade
- Outros profesionais do tecido empresarial, centros de investigación e de entidades académicas
- Familias (pais, nais, titores)
- Centros educativos (profesores, escolares e adolescentes)
- Cidadáns en xeral e persoas interesadas
Programa do IV Encontro Ciber.gal
Vídeo promocional
Programa:
06 de novembro de 2024
- Horario de mañá | Actividades destinadas á Administración Pública
- Horario de tarde | Actividades destinadas ao tecido empresarial
- Actividades prácticas simultáneas ao programa principal
- 10:00h a 18:00h - Demostracións de ciberseguridade
- 09:45h a 11:45h - Obradoiro: Purple Lab: ataque, monitorización e detección
- 12:15h a 14:15h - Obradoiro: NMAP en contornos industriais
- 16:30h a 19:30h - Capture The Flag – Patrocina: Gradiant
- 16:30h a 17:30h - Mesa redonda Retos en seguridade e privacidade en Aprendizaxe federada
- 10:00h a 14:00h — 15:30h a 18:00h - Experiencia Stand e Road Show de INCIBE
07 de novembro de 2024
- Horario de mañá | Actividades destinadas á cidadanía
- Actividades prácticas simultáneas ao programa principal
- 10:00h a 11:30h - Obradoiro: Ferramentas e utilidades para a avaliación e mellora da seguridade en Active Directory
- 12:15h a 14:15h - Obradoiro: Análise Forense en IoT
- 11:30h a 13:30h - Conecta Senior – Patrocina: Telefónica
- 16:00h a 19:15h - Espazos Técnicos de Exposición
- 10:00h a 14:00h — 15:30h a 18:00h - Experiencia Stand e Road Show de INCIBE
08 de novembro de 2024
- 10:00h a 14:00h — 15:30h a 18:00h - Experiencia Stand e Road Show de INCIBE