
O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) abriu o prazo de inscrición para dous novos cursos especializados en ciberseguridade que se impartirán en modalidade virtual durante os meses de novembro e decembro de 2026: CompTIA Security+ e Cyber Compliance: adecuación ao novo marco normativo da Ciberseguridade.
O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) abriu o prazo de inscrición para tres novos cursos especializados en ciberseguridade que se impartirán durante os meses de outubro e novembro de 2026. As persoas interesadas poderán rexistrarse entre o 14 de setembro e o 1 de outubro de 2026.
Na entrevista realizada hoxe a Inés Amor, abordouse a evolución das estafas a través de WhatsApp e doutras canles dixitais, unha modalidade de fraude que continúa tendo unha importante incidencia e que se apoia, en boa medida, en xerar unha sensación de urxencia na vítima
Na entrevista realizada hoxe a Fernando Suárez, presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), puxouse de manifesto a preocupante evolución do cibercrime, unha ameaza que deixou atrás a figura do atacante individual para converterse nunha auténtica industria global altamente organizada
Gustavo Herva Iglesias representou á Amtega na II Xornada de Ciberseguridade Industrial da Comunitat Valenciana, organizada por CSIRT-CV
Na entrevista realizada hoxe a Antonio Caaveiro Rodríguez, oficial de Policía do Grupo de Investigación Tecnolóxica da Policía Nacional na Coruña, abordouse unha das principais preocupacións actuais en materia de ciberseguridade: o incremento das estafas dixitais baseadas na suplantación de identidade e na manipulación psicolóxica das vítimas
Nos próximos meses desenvolveranse novas formacións gratuítas especializadas en ciberseguridade. A continuación achégase a información xeral de dous novos cursos: o curso presencial “Seguridade en IoT”, centrado na detección e mitigación de riscos en contornas da internet das cousas, e o curso virtual “Certified Information System Auditor (CISA)”, orientado á obtención dunha das certificacións internacionais máis recoñecidas en auditoría de sistemas de información.
No espazo Lambóns Dixitais da TVG (24/03/2026), abordáronse os riscos de ciberseguridade relacionados co uso de códigos QR nunha entrevista con Javier Mosquer
No espazo Lambóns Dixitais da TVG (21/04/2026), abordouse a ciberseguridade na economía social a través dunha entrevista na que se presentou unha charla que se celebrará o día 29 de abril.
Nos vindeiros meses desenvolveranse dúas novas accións formativas gratuítas especializadas en ciberseguridade, orientadas á xestión da seguridade da información e ás operacións de ciberseguridade en contornas empresariais e centros SOC.