Novas

Dende o 24 de febreiro ata o 9 de marzo estará aberto o prazo de inscrición para o curso gratuíto Hacker tools, Techniques and Incident Handling. O curso capacita para investigar incidentes de ciberseguridade, desenvolver intelixencia sobre ameazas e crear estratexias de defensa eficaces en entornos na nube e locais.

Reportaxe no programa “Hora Galega” da TVG que aborda o crecente perigo dos ciberdelincuentes que utilizan intelixencia artificial para clonar voces, co obxectivo de estafar, pedindo diñeiro ou axuda.

Ata o vindeiro 13 de febreiro estará aberto o prazo de inscrición para os cursos gratuítos Certified Secure Software Lifecycle Professional (CSSLP) - ISC2; Formación en Hacking Ético e Certificación Red Team Certified Professional; e Comptia Pentest+.

Nunha entrevista no programa “Quen anda aí?” da TVG, Inés Amor, portavoz da Policía Nacional, aproveitando a detención dunha presunta autora de 15 delitos de ciberestafa na Coruña, explica o funcionamento sobre diferentes tipos de fraudes dixitais: phishing, vishing ou fraude telefónico bancaria.

Ábrese do 6 ata o 19 de xaneiro o prazo de inscripción para o curso de Especialización en protección de datos. O curso ofrece unha comprensión profunda e especializada do marco normativo vixente en Europa e España en materia de protección de datos e seguridade da información, proporcionando ferramentas para a súa aplicación na contorna real.

Dende o 6 ata o 19 de xaneiro estará aberto o prazo de inscrición para o curso gratuíto Certified Cloud Security Professional (CCSP) – ISC2. O curso preparará ao alumnado para o examen da certificación CCSP de ISC2, que acredita a profesionais con profundos coñecementos e competencias derivados da experiencia práctica en seguridade cibernética, da información, do software e da infraestrutura de computación en nube.

Salgado afirma que os ciberdelincuentes aproveitan esta época de compras para tentar despistar ás persoas e conseguir diñeiro ou datos sensibles.

O curso, dividido en 20 módulos de aprendizaxe, aborda máis de 550 técnicas de ataque e ofrece os coñecementos necesarios para destacar como profesional en ciberseguridade.

Este curso conta cunha duración total de 35 horas, e impartirase de xeito virtual dende o 9 de decembro ata o 20 de decembro de luns a venres en horario de 17:00h a 20:30h.

1 de cada 4 delitos cometidos en Galicia son a través de internet, cifra que non para de aumentar. Por iso, Gustavo Herva, Xefe da Subárea de Seguridade da Amtega, recomenda a autenticación dobre e a desconfianza sa como medidas de prevención.