
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), a través do laboratorio e centro demostrador de ciberseguridade industrial, participa nunha nova edición de Galiciencia, o maior evento de divulgación científica e tecnolóxica de Galicia, celebrado en Ourense, achegando ao público asistente iniciativas vinculadas á innovación e á ciberseguridade industrial.
O Nodo Gallego de Ciberseguridade Ciber.gal celebrará o próximo 9 de xuño de 2026, en horario de 10.00 a 14.00 horas, no Parque Tecnolóxico de Galicia – Tecnópole (San Cibrao das Viñas, Ourense), a xornada “Ciberseguridade aplicada: Protexendo as empresas galegas nun mundo dixital”, un encontro orientado a reforzar a seguridade dixital do tecido empresarial galego, organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), e coorganizada polo Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia (CPEIG).
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) participa no encontro “La Voz da Industria de Galicia 2026”, organizado polo Centro de Ciberseguridade Industrial (CCI), que se celebrará o próximo 4 de xuño de 2026 en Vigo.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), e o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), organizan a Xornada sectorial de laboratorios e demostrador de ciberseguridade industrial (OT): Sector alimentación, que se celebrará o 12 de maio de 2026 no Edificio FEUGA (Santiago de Compostela).
Nos próximos meses desenvolveranse novas formacións gratuítas especializadas en ciberseguridade. A continuación achégase a información xeral de dous novos cursos: o curso presencial “Seguridade en IoT”, centrado na detección e mitigación de riscos en contornas da internet das cousas, e o curso virtual “Certified Information System Auditor (CISA)”, orientado á obtención dunha das certificacións internacionais máis recoñecidas en auditoría de sistemas de información.
No espazo Lambóns Dixitais da TVG (21/04/2026), abordouse a ciberseguridade na economía social a través dunha entrevista na que se presentou unha charla que se celebrará o día 29 de abril.
Nos vindeiros meses desenvolveranse dúas novas accións formativas gratuítas especializadas en ciberseguridade, orientadas á xestión da seguridade da información e ás operacións de ciberseguridade en contornas empresariais e centros SOC.
Esta actividade ten como obxectivo presentar as ferramentas e servizos que o Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade en Produtos con Elementos Dixitais da Xunta de Galicia pon ao dispor para facilitar o cumprimento, así como analizar as novas ameazas híbridas e os marcos regulatorios que afectan ao sector público e empresarial.
Wayra e AMTEGA lanzan un Programa de Aceleración para startups de ciberseguridade en Galicia
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) organiza un novo obradoiro presencial baixo o título “Ciberseguridade para pemes e autónom@s: o poder das persoas”, co obxectivo de reforzar a concienciación e capacitación en materia de ciberseguridade no tecido empresarial galego