Novas

A iniciativa pola que nace #CiberEsther, e por tanto cibercarracho,-a, consiste en realizar curtos vídeos de contidos que abordan a seguridade na rede, na contorna dixital: a ciberseguridade.

Trátase dunha operación internacional coordinada por EUROPOL e que contou coa participación da Policía Nacional, que fixou en máis de 20 as vítimas no noso país.

O telexornal da TVG informa sobre unha nova estafa que circula a través de Whatsapp e pola que se viu afectado o Alcalde de Barbadás. Os ciberdelincuentes suplantaron a súa identidade e pedíronlle diñeiro aos seus contactos.

Cibercarracho, un termo xurdido no #DígochoEu grazas a #CiberEsther, figura impulsada grazas ao diseño e lanzamento da campaña de sensibilización sobre ciberseguridade impulsada pola Amtega, é unha das seis finalistas para ser elixida como palabra do ano en 2023 pola iniciativa da Real Academia Galega e a Fundación Barrié do Portal das Palabras.

Óptima acollida na Aula CeMIT de Fisterra á sesión formativa sobre ciberseguridade, dentro do terceiro ciclo desta iniciativa da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Coñeces as incidencias reais relatadas polo INCIBE? A través destas experiencias exemplifican casos que suceden a diario e dos que podemos aprender moito para previlos. Nesta ocasión fálannos da suplantación de identidade e as súas graves consecuencias.

As estafas telemáticas seguen ocorrendo. A última delas é a coñecida como o "calote dos seis números" que afecta a Whatsapp e fai perder o control á vítima da súa conta na aplicación de mensaxería instantánea. Dela falan nesta reportaxe da TVG.

Entrevista a Inés Amor, voceira da Policía, que informa de estafas a través de SMS relacionadas polo Whatsapp.

O CCN-CERT, do Centro Criptológico Nacional (CCN), publicou o Informe de Ameazas e Tendencias do ano 2023, alertando do aumento de ataques de roubo de información e da compravenda de credenciais como unha das principais vías para comprometer redes corporativas.

Estes días increméntanse as ciberestafas porque compramos moito a través da rede con motivo da proximidade do Black Friday.