O que empezou en 2017 como un evento case ‘en familia’, foi gañando peso específico, de modo que en 2019 decidiuse organizar un congreso anual, o Vicon, que na actualidade xa está consolidado como un evento de primeira liña no panorama da ciberseguridade nacional.
O Centro Criptolóxico Nacional (CCN), socio fundador do Nodo CIBER.gal, creou unha nova plataforma interactiva “ENS Challenge” para a formación en base ao Esquema Nacional de Seguridade.
O termo, que xurdiu no marco da colaboración entre a Amtega e a TVG, recibe o seu espazo de honra como ‘palabra do ano’ de 2023.
As ciberestafas son cada vez máis comúns e calquera pode ser vítima. O avogado Luis Pena, recomenda que se debe actuar nos medios dixitais da mesma forma que o fariamos en persoa, e por tanto desconfiar sempre que se solicite pagos e de maneira apresurada e actuar con sentido común.
A voceira da Policía Nacional, Inés Amor, explica que a Lista Robinson é unha ferramenta da Axencia Española de Protección de Datos para evitar ou limitar recibir publicidade mediante SMS, chamadas e/o correos electrónicos.
O Ministerio de Ciencia e Innovación publicou a resolución definitiva da Convocatoria Cervera Centros Tecnolóxicos de Excelencia 2023 na que 5 proxectos foron financiados con participación de entidades galegas, por máis de 3,5 millóns de euros, sendo Galicia a cuarta comunidade autónoma con maior financiamento.
O Centro de Ciberseguridade Industrial (CCI), entidade adherida ao Nodo CIBER.gal, organiza o webinar “Organización interna e externa da ciberseguridade OT nunha empresa” en modalidade en liña, o próximo 5 de abril de 15:50 a 16:30.
O Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE), fundador do Nodo CIBER.gal e en colaboración co Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado (INTEF) e a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD), abriu a inscrición para o curso en liña "Promovendo a ciberseguridade e privacidade desde a coordinación TIC".
IBM lanza un programa formativo “IBM Cybersecurity Analyst Professional Certificate” que contén 8 cursos destinados a proporcionar habilidades técnicas para empezar no mundo profesional da ciberseguridade.
O evento, que transcorrerá entre as 09:15 e as 14:00h., contará coa participación de profesionais e expertos nacionais e internacionais que abordarán entre outros temas a xestión de riscos, a intelixencia artificial e os seus retos e oportunidades para a ciberseguridade.