Novas

O vindeiro xoves 7 de marzo celebrarase unha Xornada sobre a Directiva NIS2 “Ciberseguridade Industrial, implicacións para OEMs e clientes finais” na Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo no seu Campus de As Lagoas-Marcosende (Vigo).

Telefónica, entidade adherida ao Nodo CIBER.gal, lanza unha formación gratuíta en Ciberseguridade a través da súa Fundación Telefónica. A formación consta de 5 cursos destinados a impulsar a empregabilidade a través da capacitación dixital.

O Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) e Orange puxeron en marcha a segunda edición de 'Como navegar de forma segura en familia: protexendo e educando en liña', un Curso En liña Masivo e Aberto (MOOC) dirixido a pais, nais, así como calquera outra persoa ao cargo de nenos, nenas ou adolescentes que queiran aprender sobre o uso seguro da internet e as novas tecnoloxías.

O Data Privacy Institute do ISMS Forum, entidade adherida ao Nodo CIBER.gal, presentou a 5º edición do Estudo sobre o nivel de madureza na aplicación do Regulamento Xeral de Protección de Datos, onde se analiza o nivel de madureza do cumprimento en protección de datos, identificando tendencias e retos que afrontan os Delegados de Protección de Datos mediante un enfoque comparativo.

ISMS Forum, entidad adherida al Nodo CIBER.gal, ha publicado la guía de Inteligencia Artificial y Ciberseguridad contando con el soporte del Centro Criptológico Nacional, entidad fundadora del Nodo CIBER.gal

A Memoria anual correspondente a 2023 destaca a incorporación de 10 novas grandes empresas e a organización e coordinación de actividades de concienciación, capacitación, fomento do talento, servizos de ciberseguridade a administracións públicas e impulso do sector TIC.

A Revista - TVG

No programa "A Revista" da TVG entrevistan a Inés Amor, voceira da Policía Nacional, para falar dunha nova modalidade de estafa a través de espazos en liña de segunda man que ofrecen produtos a prezos tentadores.

Desde o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) ponse ao dispor da cidadanía un curso gratuíto en modalidade presencial sobre seguridade en IoT, coa finalidade de ensinar habilidades de White Hat Hacker para a realización de avaliacións de vulnerabilidade e risco.

LockBit, un dos grupos de ransomware máis perigosos do mundo, foi desmantelado tras unha operación internacional na que participaron axencias de aplicación da lei de 10 países diferentes.

O evento contará con 2 obradoiros prácticos en paralelo de 2 horas, dirixido a estudantes de Ciclos de Formación Profesional e estudantes de graos técnicos (IA, Datos, Informática ou Telecomunicacións)