Durante o curso académico 2024-2025, 479 persoas de 27 aulas CeMIT de toda Galicia acudiron a estas charlas promovidas desde a Amtega e desenvolvidas de maneira presencial na Rede de Aulas CeMIT.

Red.es movilizará ata 130 millóns de euros para proxectos de IA, ciberseguridade e outras tecnoloxías emerxentes.

O próximo 9 de xullo de 10:00 a 14:00 o INCIBE organiza na súa sede de León o InfoDay NCC-ES. O evento poderá ser seguido tanto de maneira presencial como online.
O propósito é explicar en detalle as oportunidades de financiamento dos programas Europa Dixital, Horizonte Europeo e DIANA, para impulsar a innovación en ciberseguridade.

Co obxectivo de atender a alta demanda de profesionais en ciberseguridade no sector empresarial, a Xunta continúa reforzando a oferta formativa dos cursos de especialización en ciberseguridade IT e OT no ámbito de Formación Profesional. Este curso 25-26 amplíanse ata 15 cursos de especialización que engloban un total de 360 prazas dispoñibles distribuídas en modalidade presencial e a distancia.

Este curso abarca tecnoloxías de protección de dispositivos e das comunicacións de xestión e tráfico de usuario. Tamén inclúe controis de accesos baseados en AAA, algoritmos de cifrado, resume e firmas dixitais como elementos básicos para a conformación dunha infraestrutura de clave pública, así como a implementación de comunicacións seguras mediante estándares como IPSec.

O Nodo CIBER.gal organiza o próximo 11 de xuño no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) en San Cibrao das Viñas, Ourense, a xornada "Galicia cibersegura: protexendo o Tecido Empresarial" no marco do V Encontro CIBER.gal.

O Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, da man da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e en co-organización co Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG), celebrará os días 5, 6 e 7 de novembro a V edición do Encontro CIBER.gal, o evento de referencia do sector da ciberseguridade en Galicia.

O Nodo CIBER.gal anunciou a posta en marcha dun ciclo de actividades de sensibilización e capacitación dirixidas ao tecido empresarial de Galicia, que é o resultado da implicación de máis de 30 entidades vinculadas a esta estrutura de colaboración público-privada promovida polas Xunta de Galicia.

A Cátedra CECOCIB de INCIBE, entidade fundadora do Nodo CIBER.gal e da Universidade de Santiago de Compostela (USC), entidade adherida ao Nodo CIBER.gal, organiza o próximo 13 de febreiro, ás 12:30h, unha charla titulada Enxeñería Social: A Maior Ameaza de Ciberseguridade. A conferencia será impartida por Jessica Cohen, directora da área de ciberintelixencia de Tarlogic, entidade adherida ao Nodo CIBER.gal, na Escola Técnica Superior de Enxeñería ETSE-USC.

Na mesma, compartíronse cos asistentes os fitos e resultados alcanzados polo Nodo CIBER.gal no pasado ano.