O Clúster TIC Galicia pon a dispor da cidadanía e profesionais do sector varios cursos de ciberseguridade de carácter gratuíto. O obxectivo destas formación é mellorar as competencias profesionais mediante o apoio continuo de docentes e titores especializados no ámbito da ciberseguridade.

O Centro Criptolóxico Nacional pon ao dispor da cidadanía un amplo catálogo de formación con ata 79 cursos en ciberseguridade a través do seu portal de formación ÁNGELES, onde ademais ofrécense 6 itinerarios formativos e formación 360.

O Centro de Novas Tecnoloxias de Galicia pon ao dispor da cidadanía e profresionales do sector da ciberseguridade diversos seminarios durante o mes de febreiro destinados ao entendemento e profundización de diferentes temáticas no ámbito da seguridade informática.

A iniciativa pola que nace #CiberEsther, e por tanto cibercarracho,-a, consiste en realizar curtos vídeos de contidos que abordan a seguridade na rede, na contorna dixital: a ciberseguridade.

O telexornal da TVG informa sobre unha nova estafa que circula a través de Whatsapp e pola que se viu afectado o Alcalde de Barbadás. Os ciberdelincuentes suplantaron a súa identidade e pedíronlle diñeiro aos seus contactos.

Cibercarracho, un termo xurdido no #DígochoEu grazas a #CiberEsther, figura impulsada grazas ao diseño e lanzamento da campaña de sensibilización sobre ciberseguridade impulsada pola Amtega, é unha das seis finalistas para ser elixida como palabra do ano en 2023 pola iniciativa da Real Academia Galega e a Fundación Barrié do Portal das Palabras.

As estafas telemáticas seguen ocorrendo. A última delas é a coñecida como o "calote dos seis números" que afecta a Whatsapp e fai perder o control á vítima da súa conta na aplicación de mensaxería instantánea. Dela falan nesta reportaxe da TVG.

Entrevista a Inés Amor, voceira da Policía, que informa de estafas a través de SMS relacionadas polo Whatsapp.

Estes días increméntanse as ciberestafas porque compramos moito a través da rede con motivo da proximidade do Black Friday.

Nesta III edición de CIBER.gal rexistráronse máis de 2.800 inscricións, presenciais e en streaming durante os dous días de celebración, alcanzando récord de asistencias presenciais e en liña.