Novas

Por primeira vez en Galicia, ofrécese a través do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) e de forma totalmente gratuíta o curso Advanced Incident Response, Threat Hunting, and Digital Forensics, que inclúe a certificación GIAC Certified Forensic Analyst (GCFA) dunha as entidades máis recoñecidas a nivel mundial, o SANS Institute - GIAC Certifications.

Se tes en mente (ou coñeces a alguén que teña en mente) desenvolver unha carreira no eido da ciberseguridade, ata o 20 de setembro estás a tempo de inscribirte nalgún dos Cursos de Especialización que se ofertan en Galicia.

Trátase dun curso de 31 horas de duración en modalidade virtual, co obxectivo de proporcionar unha compresión da normativa relacionada coa protección de datos, tanto a nivel europeo como internacional.

Inés Amor, voceira da Policía Nacional, comenta durante a entrevista que existen ciberdelincuentes que contactan por teléfono tentando enganar e sonsacar todo tipo de información bancaria e/ou persoal para realizar futuros delitos.

Desde o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) ponse ao dispor da cidadanía dous seminarios gratuítos de 4 horas de duración en modalidade presencial co obxectivo de comprender a importancia da ciberseguridade e a súa xestión nas empresas e organizacións.

Descubre os Cursos de Especialización en Ciberseguridade que oferta o sistema de Formación Profesional de Galicia.

O día 26 de xuño presentouse oficialmente en Ourense o reforzo da oferta educativa para a Formación Profesional no eido da ciberseguridade, mediante o incremento de prazas e alcance xeográfico dos cursos de especialización 'Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información' e 'Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías de operación'.

Xunta de Galicia

A Xunta reforza a especialización en ciberseguridade na Formación Profesional con 14 másteres e 340 prazas para o curso 2024/2025. Esta oferta formativa supón un incremento de 8 cursos de especialización e 200 prazas, ademais de ampliar o alcance xeográfico desta formación, que agora se impartirá en centros das catro provincias.

O 26 de xuño preséntanse de maneira oficial en Ourense estes cursos que potencian a oferta de Formación Profesional en Galicia.

Xunta de Galicia

O conselleiro de Facenda e a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas visitaron as obras deste novo complexo, que acollerá os sistemas de monitorización e xestión da ciberseguridade na Comunidade, en coordinación co Centro Criptolóxico Nacional e co Instituto Nacional de Ciberseguridad.